"Los reyes del horizonte" de Janine Teysson

Imos facer un pequeno traballo sobre o libro que limos neste trimestre, "Los reyes del horizonte" e para eso debedes facer unha entrada no blog (cada un de vos) na que debedes indicar:
1. A localización xeográfica da acción da novela (imaxes, mapas, ...);
2. Breve resumo da historia;
3. Información sobre a colonización francesa de Arxelia: Lexión estranxeira francesa; colonización da Arxelia francesa; Abd el Kader;
4. Algunha imaxe da exposición universal de Paris de 1900;
5. Buscar algunha fotografía que vos guste e que debedes comentar.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Sonia Rico





A novela ocorreu en Arxelia e Paris.Meriem conta a súa tráxica historia en 1ªpersoa xa que foron os seus feitos,ó seu neto Félix na Exposición Universal de París en 1900;cando acabou de contarlle a historia,fíxolle xurar que nunca sería soldado. Marcada pola continua persecución dos franceses,Meriem,vive multitude de historias dramáticas e chega a estar ata en tres países diferentes. Os pais biolóxicos morren a cargo dos franceses; o pai adoptivo,Slimare,un home solteiro que era un esperto en cabalos,falece na guerra feita polos franceses contra o emir Abd el-Kader,deixando a Meriem outra vez sóa.Finalmente,Meriem atopa ó pintor francés Eugène Meynard o seu pai definitivo,co cal viaxa a París e onde pasará o resto da súa vida.


En 1834,Francia colonizou Arxelia. En 1840,115.000 soldados franceses invadiron outra vez Arxelia,reanudando a guerra de conquista. Houbo sucesivas revoltas que fracasaron contra os franceses. O novo réxime tamén despertou unha violenta resistencia das tribus bereberes que estaban acostumadas ó indirecto control turco. O seu cabecilla, Abd al-Qadir, que decía ser descendente de Mahoma, usou tácticas de ataque e retirada que foron moi efectivas ata 1847.
Con Abd al-Qadir apartado, Francia empezou a colonizar Arxelia e os colonos europeos chegaron en masa para así fomentar que os europeos se arrimasen máis a Arxelia. En 1873 os franceses expropiaron o adquiriron terreos dos propietarios argelinos a custos moi baixos para a instalación de colonos. Os pieds-noirs franceses concentraron a propiedade das terras fértiles e toda a economía do país foi reorganizada para serir os intereses de Francia. Arxelia convertiuse así nun departamento de ultramar de Francia,controlada totalmente pola minoría europea,a éstos chamouselles colons. Os colons formaron unha élite privilexiada. Coa axuda de grandes entradas de capital, os colons desenrolaron unha economía moderna. A agricultura arxelina adaptouse á economía francesa. Según as leis francesas, os musulmanes non podían celebrar actos públicos,levar armas de lume ou deixar os seus fogares ou pobos sen permiso. Para poder convertirse en ciudadanos franceses,con plenos dereitos, tiñan que renunciar as suas crenzas. Poucos o fixeron.
O nacionalismo arxelino desenrolouse despois da I Guerra Mundial entre os grupos de musulmans que, en principio, só querían igualdade cos europeos. Farhat Abbas y Ahmed Messali Hadj estiveron entre os máis destacados líderes arxelinos nas décadas de 1920 e 1930. A resistenza nacionalista volveu a fortalecerse na década de 1920 ata explotar en 1945, cando os festexos pola derrota do nazi-fascismo se transformaron nunha rebelión popular que foi reprimida violentamente: 45.000 arxelinos e 108 europeos morreron, según o informe oficial francés. En 1936, o goberno francés concibeu un plan que contemplaba unha completa igualdade para os musulmans veteranos da guerra e os profesionais, pero foi desbaratado plos diputados na Asamblea Nacional francesa. Frustrado pola resistencia obstinada dos colons a reforma, Abbas uníu forzas con Messali durante a II Guerra Mundial para organizar un partido de militancia anti-francesa, os Amigos do Manifiesto e a Libertade. Despois da guerra polo Estatuto Orgánico de Arxelia que tuvo lugar en 1947, constituiuse a primeira Asamblea parlamentaria de Arxelia, con un número equivalente de delegados europeos e musulmans. Esta idea no resultou satisfactoria nin para os nativos nin para os colons e demostrou a sua ineficacia. Pouco despois reestructurouse o Partido do Pobo Arxelino(1937) para transformarse nas eleccións organizadas polos colonialistas en 1948 e 1951.

Convencidos de a inutilidade da vía electoral, nove xefes da Organización Especial (OS), rama militar do MTLD, fundaron o Comité Revolucionario pola Unidade e a Acción (CRUA), que en novembro de 1954 convertiríase no radical Frente a Liberación Nacional (FLN), que iniciou a loita armada. Franz Fanon, médico e combatinte na liberación de Francia durante a Segunda Guerra Mundial, incorporouse o FLN e o exerció con gran influencia teórica non só en Arxelia senon tamén en toda Africa subsahariana. Poucos meses despois, o FLN lanzou a sua ofensiva para lograr a independencia de Arxelia mediante ataques coordinados os edificios públicos, militares, postos de policía e instalacións de comunicacións.Para soster á "Arxelia francesa" e aos pieds-noirs, o colonialismo francés destruíu 8000 aldeas,eliminou a máis dun millón de civís,utilizou sistemáticamente a tortura e desplegou a máis de 500.000 soldados.


Abd el-Kader, nacido o 6 de maio ou o 6 de setembro de 1808, preto de Máscara, Arxelia, morreu o 26 de maio de 1883 en Damasco, Siria, é un político e líder militar ifrenide que resistiu moito tempo ás tropas expedicionaria en África, durante a conquista de Alxeria, e foi tamén un escritor, poeta, filósofo e teólogo sufí. É considerada a causa da nación arxelina e o símbolo da resistencia contra o colonialismo francés e a opresión. En 1832 iniciou a revolta contra os franceses, chamada a guerra santa, e sitiaron a Orán. Proclamado príncipe dos fieis (Amir), en 1832. El continuou a súa guerra contra os franceses ata o Tratado de Tafna(1837), cando se lle foi concedido o control da provincia de Orán e unha parte da de Arxel. Atacou a Mitidja en 1839, pero foi derrotado polas tropas francesas, que en 1843 completaron a ocupación de Arxelia.Refuxiado nos confíns de Marrocos, intentou seguir a loitar, pero a derrota do seu aliado, o sultán de Marrocos Abd al-Rahman, na Batalla de Isly (1844) forzouno a renderse ante os franceses (1847).Foi internado en Francia, primeiro en Toulon, a continuación, en Pau, ata que en 1852 foille dada a liberdade.








A imaxe que máis me agradou foi esta: http://www.ellenkooi.nl/Foto-ijsdame.htm


pois ao meu pensar,transmiteme felicidade,plenitude,natureza...tamén creo que as veces necesitamos estar sós,que non significa que esteñamos tristes,senon que queremos intimidade e "encontrarte contigo mesmo"pareceme unha imaxe bonita e que transmite moito ese fondo en tons brancos e claros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario