"Los reyes del horizonte" de Janine Teysson

Imos facer un pequeno traballo sobre o libro que limos neste trimestre, "Los reyes del horizonte" e para eso debedes facer unha entrada no blog (cada un de vos) na que debedes indicar:
1. A localización xeográfica da acción da novela (imaxes, mapas, ...);
2. Breve resumo da historia;
3. Información sobre a colonización francesa de Arxelia: Lexión estranxeira francesa; colonización da Arxelia francesa; Abd el Kader;
4. Algunha imaxe da exposición universal de Paris de 1900;
5. Buscar algunha fotografía que vos guste e que debedes comentar.

lunes, 22 de marzo de 2010

Iago Deus Rivera



1. Alxeria está situada no norte de África. Limita:
  • Ao norte con mar Mediterráneo.
  • Ao leste con Túnez e Libia
  • Ao sur con Mali e Nixer
  • ao oeste con Marrocos e con Mauritania















2. A historia comeza cunha carta que lle envía un rapaz que está na guerra e lesionase. Entón cando está no hospital envialle unha carta á súa avoa. Faille unha visita a París e cando van ao mercado ela desmaiase porque ve unhas alfombras de Alxeria (o seu país natal) e recordanlle a súa infancia, entón ela empezalle a contar ao neto como era de pequena, de donde viña...
Meryam vivia en Arxelia con toda a familia. Un día chegaron as tropas francesas para colonizar Arxelia. Cando chegan os soldados matan a toda a sua familia, pero a ela na mataron porque estaba agochada nunha cubeta de auga e cando se vai o exercito atopaa Slimane. Fan unha viaxe os dous para sair de Arxelia. Con Slimane vive moitas aventuras, axudan a parir á besta de Abd-el kader que estaba a punto de morrer. Logo Abd-el kader reúnese con Slimane para agradecerlle a súa axuda coa besta. Slimane e Meryem vivían con un grupo de xente que quería fuxir de Arxelia (entre eles estaba Abd-el Kader). A Simane gustábanlle moito os cabalos e Abd-el Kader regaloulle o potro que salvar. Un día o exercito francés alcanzou ao grupo de xente e mataron a Slimane.
Meryem foi recollida por un francés que traballaba de pintor para o exercito porque daquela non había fotografos, chamábase Eugène. Este levouno con el ao campamento do exercito e cando éste se foi a Francia levouna consigo. Cambia de nome e o novo nome é Myriam. En Francia comeza unha nova vida moi distinta a anterior. Un día chega a noticia de que morrera o asasino de Slimane. Tamén un dia veu ao emir, ela faloulle en árabe pero el non lle fixo case nin a recoñeceu...
Ao final o seu neto envialle outra carta decindo que non volveria máis a guerra, que se borraría do exercito.

3.
Arxelia foi tomada polos franceses en 1830. Fixeron unha revelión en contra da colonización liderada por Abdel-kader, tiveron que soportar ser gobernados por un poder non musulmán e os habitantes daquela época perderon tódalas terras. Éstas foron arrebatadas polo novo goberno ou polos colonistas. Os políticos da época foron executados, presos...
Ao primeiro os arxelinos recibiron a nacionalidade francesa pero non eran recoñecidos como cidadáns franceses. Despois, na segunda parte da colonización, recibiron a cidadanía francesa de nacemento.
A independencia conseguiron en 1962 mediante unha guerra brutal e longa que durou 8 anos. A pesar das torturas pola parte dos soldados franceses, non conseguiron gañar a guerra.


Abdel kader: Naceu en 1808 e morreu no ano 1883. Foi un lider das revoltas en contra da colonización francesa de Alxeria. en 1839 atacou Mitidja pero foi derrotado. El estivo refuxiado en Marrocos e intentou seguir coa guerra cara adiante pero a derrota do seu aliado Abd al-Rahman en 1844 fixo que se tivera que entregar ao exercito francés.
Foi retido en Francia hasta 1852 e foi liberado con honores. Regresou a Bursa primeiro e logo marchou a Damasco.


4.
París(1990): Esta imaxe é da exposición universal de París de 1990. Nela podemos ver a torre Eiffel, que foi un dos grandes atractivos. Esta torre ía ser desmontada cando acabara a Exposición, pero decideuse que quedara alí e agora é un dos monumentos mais importantes do mundo.













5.



Gústame esta foto porque nela podemos ver distintos tonos de azul(a miña cor favorita) e a ilusión óptica que crea o horizonte, que fai que nun punto parece que se unen as nubes co mar. Tamén se pode ver as distintas formas que teñen as nubes grazas a nosa imaxinación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario