"Los reyes del horizonte" de Janine Teysson

Imos facer un pequeno traballo sobre o libro que limos neste trimestre, "Los reyes del horizonte" e para eso debedes facer unha entrada no blog (cada un de vos) na que debedes indicar:
1. A localización xeográfica da acción da novela (imaxes, mapas, ...);
2. Breve resumo da historia;
3. Información sobre a colonización francesa de Arxelia: Lexión estranxeira francesa; colonización da Arxelia francesa; Abd el Kader;
4. Algunha imaxe da exposición universal de Paris de 1900;
5. Buscar algunha fotografía que vos guste e que debedes comentar.

lunes, 22 de marzo de 2010

Claudia Campillo

Pregunta 1=)

Esta historia situase en Arxelia, país que limita polo norte co Mediterráneo, para o oesto con Marrocos, para o leste con Libia e finalmente para o sur con Níxer, Malí e Mauritania.















Pregunta 2 =)

Merien vive en París e é unha das primeiras mulleres fotógrafas da historia. Quizáis fai fotos para fixar os rostros das persoas, xa que perdeu algunhas moi importantes para ela. Primeiro ós seus pais en Arxelia, nas mans do exército colonial francés; logo a Slimane , un nómada que a acolle e que é un fiel seguidor de Abd el-Kader, e na historia tamén se comenta que facía pouca que morrera o seu marido... De visita na Expo de 1900 Merien cóntalle toda a historia da súa vida a Félix, o seu neto, quen lle fai unha promesa da que falarán anos máis tarde. A promesa era que nunca sería militar, e finalmente acaba sendo soldado.

Pregunta 3 =)
En 1834, Francia anexionou a Arxelia. En 1840, 115.000 soldados franceses invadiron outra vez Arxelia, reanudando a guerra da conquista. Houbo sucesivas revoltas que fracasaron contra os franceses. Ó sur do país, sen embargo, as tribos nómadas mantivéronse independentes e combatiron a presenza francesa ata ben entrado o século XX. O novo réxime tamén espertou unha violenta resistencia das tribos que estaban acostumadas ó indirecto control turco. O seu cabecilla, Abd al-Qadir(Abd-el Kader), que dicía ser descendente de Mahoma, usou tácticas de ataque que foron moi efectivas ata 1847.

Abd-el Kader naceu preto de Mascara en 1808. Foi emir de Arxelia e proclamado sultán de Arxelia en 1832, continuoua loita contra os franceses. Finalmente foi derrotado en 1843, exilióuse en Marrocos e despois en Damasco. Morreu en Damasco en 1883.








No hay comentarios:

Publicar un comentario