1. Localización xeográfica da novela (imaxes, mapas...):
Mapa político e bandeira de Arxelia e Francia, lugares donde transcorre a historia.
Ataque dos soldados franceses, durante o s. XIX, a unha smala, unha cidade nómada arxelina donde pasou gran parte da súa infancia a protagonista .
Dous retratos de París que datan do s. XIX, cidade na cal se estableceu Meriem despois de abandonar Arxelia.
2. Resumo da historia:
A historia comeza con Félix, un soldado que se atopa bastante magullado tras sufrir un grave accidente na guerra, polo cal está encamado no hospital militar. Así que decide escribirlle unha carta sobre o seu estado á súa avoa, pola que sente unha gran admiración. Pero a medida que redacta, lembra o que pasara 17 anos atrás. Aquela visita á Expo de 1900 en París, aquela promesa e a intensa historia que lle revelara a súa avoa sobre os seus verdadeiros orixes, feito que cambiará para sempre a imaxe que ten o rapaz dela. Descobre que, tras o que para el parecía unha xa anciá fotógrafa, pioneira no seu campo e moi adiantada para o seu tempo, pero sen deixar de ser unha avoa normal e corrente coma o resto; realmente se atopa a historia dunha verdadeira supervivente, unha muller que dende moi nova soupo o que era a dor pola morte da súa familia, por non ter un fogar no cal resgardarse, por ver continuamente como a xente que lle importa é asasinada (feito que a levará a ter tres pais distintos), pola mala situación que sofren as persoas que a rodean; pero sobre todo o temor que sinte cara o exército francés, debido ás loitas que manteñen co seu pobo e ós abusos que cometen contra eles. Un temor que a marcará de por vida, xa que esta é a causa de todas as mortes e a destrucción que a envolven. Pero non todos son malos recordos. Tamén se lembra de persoas queridas e momentos felices, como todas as risas e agarimos que lle daba Slimane (ademáis de todas as aventuras que vivira ó seu carón), un nómada que a acollera tras o asasinato da súa familia e que para ela fora coma un pai; os bos anacos na smala, na cal había miles de persoas; aquel profundo respeto que sentía hacia o lexendario Abd el-Kader; os comezos co pintor francés Eugéne Meynard que a rescatara tras a morte de Slimana, e que logo pasaría a ser o seu terceiro e definitivo pai, ademáis de Malika, a muller que a coidaba; o impresionada que quedara tras ver por primeira vez o mar e subir a un barco; a primeira vez que pisara territorio francés e coñecera a súa nova casa e a súa nova nai; pero sobre todo o descubrir que por fin, tras anos de encarcelamento, Abd el-Kader era libre. E para finalizar a historia, Merien decide que o seu neto lle faga unha promesa. Unha promesa que, a pesar do paso dos anos, permanece inborrable na memoria do seu neto.
3. Información sobre a colonización francesa de Arxelia:
- A colonización:
A ocupación francesa de Arxelia, a partir de 1830, cando tivo un impacto profundo, foi recibida inmediatamente por unha rebelión liderada por Abd el-Kader. Ademáis de soportar a afronta de ser gobernado por un poder non-musulmáns estranxeiros, moitos arxelinos perderon as súas terras co novo goberno e os colonos. Os líderes tradicionais foron eliminadas, contidos ou tornados irrelevantes, e o sistema tradicional de ensino era en gran parte desmantelado, as estruturas sociais foron presionados para o punto de ruptura. Visto polos europeos con condescendencia e desprezo no mellor dos casos, no peor, os arxelinos resistiron 132 anos de subxugación colonial. Na primeira parte da colonización francesa, musulmáns e xudeus eran considerados nacionais franceses, pero non cidadáns franceses. Sen embargo, en 1865, Napoleón III permitiulles aplicar a plena cidadanía francesa, unha medida que poucos tiveron, porque se trata de perder o dereito a ser rexido pola lei islámica en asuntos persoais, e foi considerado unha especie de apostasía en 1870 tornouse a cidadanía automática para xudeus franceses, un movemento que irritou moito os musulmáns, que comezaron a ver os xudeus como cómplices do poder colonial. Sen embargo, este período viu o progreso na saúde, infraestruturas e da expansión global da economía de Arxelia, así como a formación de novas clases sociais, que, tras a exposición ás ideas de igualdade e liberdade política, axudaría a impulsar o país cara á independencia. Durante os anos de dominio francés, loitas pola supervivencia, convivencia, igualdade e acadar a independencia en forma dunha gran parte da identidade nacional influentes teóricos.
As masacres de 1945 marcaron unha viraxe na historia de Arxelia. En abril de 1945, a Arxelia francesa detivo o líder máis popular, Hadji Messali. O 1 de maio, os partidarios do seu partido, o PPA (Parti du peuple algérien) participaron en manifestacións que foron violentamente reprimidos pola policía. Moitos arxelinos morreron. Pero foi o 8 de maio, cando a Francia declarou a rendición incondicional de Alemaña, que causou máis mortes unha revolta violenta da poboación influentes teóricos e en torno a Sétif. O exército incendiaron as aldeas. 6000-8000 persoas morreron, segundo Yves Benot. De agora en diante, parecía evidente para todos os nacionalistas que a independencia non pode ser vencida por medios pacíficos.
A guerra de independencia de Arxelia (1954-62), brutal e a longo prazo, foi o último punto de viraxe na historia. Aínda que moitas veces fratricida, á larga uniu ós arxelinos e queimou o valor da independencia e da filosofía do anti-colonialismo na conciencia nacional. O uso sistemático da tortura polos militares franceses garantiron a vitoria.
-Abd el-Kader:
Abd el-Kader, nacido o 6 de maio ou o 6 de setembro de 1808, preto de Máscara, Arxelia, morreu o 26 de maio de 1883 en Damasco, Siria, é un político e líder militar ifrenide que resistiu moito tempo ás tropas expedicionaria en África, durante a conquista de Alxeria, e foi tamén un escritor, poeta, filósofo e teólogo sufí. É considerada a causa da nación arxelina e o símbolo da resistencia contra o colonialismo francés e a opresión. En 1832 iniciou a revolta contra os franceses, chamada a guerra santa, e sitiaron a Orán. Proclamado príncipe dos fieis (Amir), en 1832. El continuou a súa guerra contra os franceses ata o Tratado de Tafna (1837), cando se lle foi concedido o control da provincia de Orán e unha parte da de Arxel. Atacou a Mitidja en 1839, pero foi derrotado polas tropas francesas, que en 1843 completaron a ocupación de Arxelia.Refuxiado nos confíns de Marrocos, intentou seguir a loitar, pero a derrota do seu aliado, o sultán de Marrocos Abd al-Rahman, na Batalla de Isly (1844) forzouno a renderse ante os franceses (1847).Foi internado en Francia, primeiro en Toulon, a continuación, en Pau, ata que en 1852 foille dada a liberdade con honores.
4. Algunha imaxe da exposición universal de Paris de 1900:
Catro imaxes, dende diversos puntos da cidade, da Expo de París.
Imaxes dos pavillóns dalgúns países que participaron na Expo de 1900 en París. Na primeira ringleira, de esquerda a dereita, o pavillón de Bélxica, o de U.S.A., o de Hungría e o de Suecia. Na segunda, o de Italia, o de Grecia, o de Turquía e o de Rusia. E na última fila podemos ver os pavillóns de Alemaña, o que antes era Bosnia-Herzegovina e o de Finlandia. A foto final é unha imaxe da praza de "la Concorde", o que sería a entrada á exposición.
Carteis informativos da Expo de París.
5. Buscar algunha fotografía e comentala:
Gústame esta foto de Ellen Kooi sobre todo polo que consigue transmitir con ela: liberdade e seguridade. Liberdade para facer o que queiramos e chergar a donde queiramos, incluso tocar o mesmo ceo, sen que nada nolo impida. Seguridade de que non hai nada nin ninguén que nos poida facer algún dano, de que nada malo nos pode pasar, de que tan só estamos nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario